DE DIETRICH DFW1084WA User Manual

Page 56

Advertising
background image

4

5

56

Seguridade

A presión da auga á rede deberá estar

comprendida entre 0,05 a 1 MPa (0,5 a
10 kg/cm

2

).

• Non utilices alargadeiras nin adaptadores

para conectar a lavadora.

• A instalación eléctrica debe estar

dimensionada á potencia máxima
indicada na placa de características e a
toma de corrente eléctrica coa toma a
terra regulamentaria.

• Non manipular o interior da lavadora.

Perante calquera problema que non
poidas solucionar, chama o servizo
técnico.

3

Mantemento

3.1 Limpeza da cubeta de deterxente. É

recomendable facela unha vez ao mes.

3.2 Limpeza do filtro. É recomendable facela

unha vez ao ano.

Para a limpeza exterior, usa produtos non

abrasivos e seca ben cun pano suave.

Diagnósticos

4.1 A lavadora incorpora un sistema de

diagnóstico que detecta e avisa perante
calquera tipo de incidencia. Poderás
velas na pantalla.

4.1.1 Non entra auga na lavadora. Os
avisos aparecen acompañados de
posibles solucións; neste caso son tres.
¿Billa pechada? (4.1.2). ¿Corte de
auga? (4.1.3) e ¿Desaugue casa?
(4.1.4).

4.1.5 Non baleira auga. Comproba o
estado do filtro e o desaugue.

4.1.6 Roupa moi húmida. Seleccionar
programa 16.

4.1.7 Porta aberta. Comproba que a
porta está ben pechada.

4.1.8 Con calquera outro aviso.
Chama o servizo técnico.

4.2 Apertura porta. En caso de avaría ou

corte de corrente, extrae a cubeta tirando
da asa cara afora e presiona a panca azul
co dedo (4.2.1); na parte dereita verás
un botón cunha rañura; xira este botón
cunha moeda (4.2.2) cara á esquerda e
a porta abrirase (4.2.3).

4.3 Vibracións ou ruídos. Revisa a correcta

instalación (1.1 e 1.4 deste manual).

4.4 Auga na cubeta. Comproba que a

cubeta de deterxente está limpa (3.1).

6

Medio ambiente

A lavadora foi deseñada pensando na
conservación do medio ambiente.

Respecta o medio ambiente. Carga a
lavadora á máxima capacidade
recomendada para cada programa;
aforrarás auga e enerxía. Sempre que
poidas, evita o prelavado. Non coloques
deterxente de máis. Usa o aclarado extra
exclusivamente para prendas de persoas
con pel sensible.

Xestión de residuos de aparellos
eléctricos e electrónicos.

Non elimines os aparellos mesturándoos
con residuos domésticos xerais.

Entrega a túa lavadora nun centro especial
de recolla.

A reciclaxe de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde,
o medio ambiente e permite aforrar
enerxía e recursos.

Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou establecemento
onde adquiriches a lavadora.

g a l e g o

Advertising
This manual is related to the following products: