Manual de instrucións – Fagor 6H-196 User Manual

Page 51

Advertising
background image

g a l e g o

49

1

Manual de instrucións

Moi importante: Le integramente este manual antes de utilizares o forno. Atoparás a documentación e
accesorios no interior do forno.

Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.

2

Instalación

Uso

Identifi ca o modelo do teu forno (“a”, “b”, “c”,
d”, “e”, “f”) comparando o panel de mandos do
teu aparello co das ilustracións.

1.1 Desembalaxe. Retira todos os elementos de

protección.

1.2 Conexión á rede eléctrica. Ten sempre en

conta os datos da placa de características
(1.2.1) e as medidas do moble no que se vai
encaixar o forno (1.2.2, 1.2.3).

Fornos

independentes:

cómpre que o

aparello se conecte á rede mediante unha
conexión fi xa monofásica, na cal a conexión
neutro (cor azul) con neutro debe quedar
garantida (1.2.4). Introduce o forno no oco
coidando que o cable sobrante non quede
na parte superior (1.2.5, 1.2.6). Suxéitao ao
moble cos dous parafusos subministrados
(1.2.7).

Fornos polivalentes para placas
vitrocerámicas:
o forno só se instalará coas
placas vitrocerámicas recomendadas polo
fabricante co fi n de evitar un perigo. Coloca
a placa de cocción enriba da encimeira
e solta a caixa dos conmutadores (1.2.8).
Introduce a placa no oco da encimeira
cumprindo os requisitos de instalación
(véxase o manual da placa) (1.2.9). Introduce
o forno no oco do moble deixando espazo
para a súa manipulación (1.2.10). Aparafusa
a caixa ao forno (1.2.11, 1.2.12). Conecta
a placa ao forno (1.2.13). Introduce o forno
ata o fondo e suxéitao cos dous parafusos
subministrados (1.2.14, 1.2.15). Coloca
a presión os suplementos dos mandos,
segundo o tipo de foco de calor (1.2.16) e os
mandos (1.2.17).

Conxunto Forno + placa: conecta o forno
á rede (1.2.4). Introduce a placa no oco
da encimeira cumprindo os requisitos de

0

Identifi cación

instalación (véxase o manual da placa)
(1.2.18). Introduce o forno no oco do moble
deixando espazo para a súa manipulación
(1.2.10). Conecta a placa ao forno (1.2.19).
Introduce o forno ata o fondo e suxéitao
cos dous parafusos subministrados (1.2.14,
1.2.15).

Antes de utilizares o teu novo forno por
primeira vez quéntao en baleiro
(sen alimento,
en posición

, 250ºC e 30 minutos de duración).

Pode producir fume ou mal cheiro (é normal
debido ao quentamento de restos de graxa, etc.).
Unha vez que arrefríe, efectúa unha limpeza previa
pasando polo interior un pano húmido.

2.1 Accesorios. Segundo modelo, dispós de

Bandexa estándar

(2.1.1), Bandexa

profunda

(2.1.2) e Grella estándar

(2.1.3) que funcionan de forma

independente. Ademais podes combinar
calquera bandexa coa grella estándar

(2.1.4) formando un conxunto. A

grella de extracción parcial (2.1.5) e a grella
de extracción total (2.1.6, 2.1.7) son o
soporte das bandexas ou conxunto (2.1.8).
Ten en conta a posición das grellas ao
introducírelos no interior. Dispoñen de topes
laterais antienvorcadura (2.1.9).

2.2 Posición accesorio. Dispós de 5

posicións para colocares os accesorios

.

2.3 Axuste de hora. Reloxo convencional:

Tira do mando inferior e xira cara á dereita
(2.3.1). Axusta a hora (2.3.2). Reloxo dixital:
preme a tecla e porase a escintilar

(2.3.3). Axusta a hora coas teclas ,
(2.3.4). Despois duns segundos deixará

de escintilar (2.3.5).

Nota: volve axustar a hora despois dun corte
de subministro eléctrico ou por cambio horario.

2.4 Alimento que se vai cociñar. Introduce

o alimento no forno. Selecciona o(s)
accesorio(s) e a súa posición, previa consulta
da táboa de cocción. Pecha a porta.

Advertising