Fagor 6H-185AN User Manual

Page 71

Advertising
background image

g a l e g o

69

1

2

Instalación

Uso

Identifi ca o modelo do teu forno (“a”, “b”, “c”,
d”, “e”, “f”) comparando o panel de mandos do
teu aparello co das ilustracións.

1.1 Desembalaxe. Retira todos os elementos de

protección.

1.2 Conexión á rede eléctrica. Ten sempre en

conta os datos da placa de características
(1.2.1) e as medidas do moble no que se vai
encaixar o forno (1.2.2, 1.2.3).

Fornos

independentes:

cómpre que o

aparello se conecte á rede mediante unha
conexión fi xa monofásica, na cal a conexión
neutro (cor azul) con neutro debe quedar
garantida (1.2.4). Introduce o forno no oco
coidando que o cable sobrante non quede
na parte superior (1.2.5, 1.2.6). Suxéitao ao
moble cos dous parafusos subministrados
(1.2.7). Para fi nalizar a instalación no
aparello, é necesario establecer a hora (a,
c, d, f). Despois dun tempo de inactividade,
o aparello pasará a estado standby, onde
segundo o modelo, baixará a luminosidade
ou apagarase a pantalla.

Fornos polivalentes para placas
vitrocerámicas:
o forno só se instalará coas
placas vitrocerámicas recomendadas polo
fabricante co fi n de evitar un perigo. Coloca
a placa de cocción enriba da encimeira
e solta a caixa dos conmutadores (1.2.8).
Introduce a placa no oco da encimeira
cumprindo os requisitos de instalación
(véxase o manual da placa) (1.2.9). Introduce
o forno no oco do moble deixando espazo
para a súa manipulación (1.2.10). Aparafusa
a caixa ao forno (1.2.11, 1.2.12). Conecta
a placa ao forno (1.2.13). Introduce o forno
ata o fondo e suxéitao cos dous parafusos
subministrados (1.2.14, 1.2.15). Coloca
a presión os suplementos dos mandos,
segundo o tipo de foco de calor (1.2.16) e os
mandos (1.2.17).

0

Identifi cación

Antes de utilizares o teu novo forno por
primeira vez quéntao en baleiro
(sen alimento,
en posición

, 250ºC e 30 minutos de

duración). Pode producir fume ou mal cheiro (é
normal debido ao quentamento de restos de
graxa, etc.). Unha vez que arrefríe, efectúa unha
limpeza previa pasando polo interior un pano
húmido.
2.1 Accesorios. Dependendo dos modelos

dispós de Bandexa Profunda (2.1.1),
Bandexa Plana (2.1.2) e Grella Multifunción
(2.1.3) que funcionan de forma
independente. Ademais podes combinar
calquera bandexa coa Grella Multifunción
(2.1.4) formando un conxunto. Todos
os accesorios ou conxuntos poden ir
directamente ou montados sobre a Grella
de extracción parcial (2.1.5) ou a Grella de
extracción total (2.1.6, 2.1.7) (2.1.8). Se
dispós da bandexa de extracción parcial,
utilizarase de forma independente ou xunto
bandexas (3 modalidades) (2.1.9). A Grella
Simple é de uso independente (2.1.10). Se
dispós de guías auto extraíbles ”impulse”,
introdúceas primeiro no forno sen a
bandexa (2.1.11). As guías ”impulse” saen
automaticamente co peso da bandexa ao
abrir o forno (2.1.12). É obrigatorio utilizar
unha bandexa como soporte dos alimentos
coas guías ”impulse” (2.1.13). Ten en
conta a posición das grellas ao introducilas
no interior. Dispoñen de topes laterais
antienvorco (2.1.14).

2.2 Posición accesorio. Dispós de 5

posicións para colocares os accesorios

.

2.3 Axuste de hora. Reloxo convencional:

Tira do mando inferior e xira cara á dereita
(2.3.1). Axusta a hora (2.3.2). Reloxo dixital:
preme a tecla e porase a escintilar

(2.3.3). Axusta a hora coas teclas ,
(2.3.4). Despois duns segundos deixará

de escintilar (2.3.5).

Nota: volve axustar a hora despois dun corte
de subministro eléctrico ou por cambio horario.

2.4 Alimento que se vai cociñar. Introduce

o alimento no forno. Selecciona o(s)
accesorio(s) e a súa posición, previa consulta
da táboa de cocción. Pecha a porta.

2.5 Selección función de cociñado.

Selecciona a función de cociñado segundo
modelo

Calor tradicional ventilada. Para calquera

tipo de prato. Pódense cociñar varios pratos
á vez sen que se mesturen sabores nin
cheiros.

Advertising