Fagor IF-4S User Manual

Page 53

Advertising
background image

g a l e g o

51

3

Mantemento e
limpeza

Ao non se quentar moito o vidro nas placas de
indución, a limpeza é sinxela. Non obstante,
limpa canto antes os derrames e salpicaduras
cun pano húmido ou cun trapo de papel
laminado. Para sucidade máis resistente, utiliza
produtos específi cos para vitrocerámicas.

Nos modelos mixtos con focos radiantes, o
vidro atinxe unha temperatura elevada; procura
limpar o antes posible e evita que os derrames
sequen. Para limpar as manchas requentadas
utiliza unha esponxa con auga xabonosa e un
rascador especial para vidros.

Non utilices un limpador de vapor.

O uso de produtos de limpeza abrasivos ou
estropallos metálicos duros para limpar a placa
pode riscar a superfi cie e provocar a rotura do
vidro.

Eliminar inmediatamente as manchas e restos
de azucre xa que poden danar a superfi cie da
placa.

Recomendacións: Despois de seleccionar a
potencia se non escolles unha potencia de
traballo fi nal, o foco apagarase.

Mentres se ve calquera acción nos mandos
de potencia anula a función.

2.13 Función bloqueo: Para evitar

manipulacións por parte dos nenos, ten
pulsado durante 3 segundos a tecla

e

activarás o bloqueo. Para desbloquealo,
repite a operación.

2.14 Sinal sonoro: Para desactivar o sinal,

a placa ten que estar apagada. Actúa
sobre o foco inferior dereito da placa,
pulsando simultaneamente as teclas

de potencia e de tempo ata que vexas

, mantén pulsadas as teclas ata

que desaparezan os díxitos (2.14.1). Para
activar repite a operación.

Recomendacións: Utiliza preferentemente
zonas de cocción situadas en lados diferentes.

Evita golpes dos recipientes sobre o cristal.

Utiliza recipientes válidos para indución.

Utiliza recipientes con fondo groso e plano.

Advertencias: Se deixas algún obxecto enriba
dos sensores, a placa emitirá sons e apagarase.

A placa apágase automaticamente despois
dun tempo estimado de seguridade, que varía
segundo a potencia seleccionada (de 1 a 10
horas).

Ao ferver líquidos en potencias altas,
escoitarase un zunido debido ao encaixe das
frecuencias dos focos. É normal.

Nos modelos mixtos con focos radiantes,
non toques esas zonas porque che poderías
queimar.

4

Solución de
problemas

Non funciona. Verifi ca se está conectado e
comproba os interruptores diferenciais.

Saltan os diferenciais. Verifi ca a conexión.

Ao conectar aparece un sinal luminoso.
É normal, a mensaxe desaparece após 30
segundos.

Nas primeiras coccións emana olor. Quenta
unha cazola chea de auga en cada foco durante
1/2 hora.

A placa non funciona e aparece unha
mensaxe.
Chama o servizo técnico.

Non funciona e aparece

. Desbloquea a

seguridade para nenos (4.1.1).

Non funciona e aparece ou

e un sinal

sonoro. Limpa ou retira os obxectos que se
encontren sobre os sensores (4.1.2).

Advertising
This manual is related to the following products: