Fagor FIM-6725 User Manual

Page 68

Advertising
background image

3

Mantemento e
limpeza

3.1 Limpeza interior. Ó limpa-lo interior, utiliza

unha esponxa ou baeta empapada en auga
con bicarbonato ó limpa-lo interior para
evita-la formación de olores. En ningún
caso, utilices máquinas de limpeza a vapor,
disolventes ou deterxentes abrasivos.

3.2 Limpeza exterior. Non uses máquinas

de limpeza a vapor para a limpeza das
pantallas.

É recomendable limpa-la reixa dianteira
da base do aparato unha vez ó ano cunha
aspiradora.

3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos

para lavalouzas. Límpaos a man coa axuda
dunha esponxa ou baeta.

3.4 Cambio de lámpada. En caso de que se

funda a lámpada: desconecta o frigorífi co.
Retira a cuberta premendo a pestana (3.4.1,
3.4.3) e extrae a lámpada estragada (3.4.2,
3.4.4). Substitúea por outra do mesmo
tipo de rosca, E14, 220-240V, 15/25W ou,
segundo indicación de luminaria.

3.5 Cambio de fi ltro de carbono. O frigorífi co

pode incorporar un fi ltro de carbono que
absorbe os olores estraños de certos
alimentos e retén os microorganismos
(fungos e bacterias) do aire en circulación.

O fi ltro mantén as súas propiedades durante
un tempo limitado de 6 meses. Pasado este
tempo, recoméndase cambiar por un novo.
A súa ubicación varía en función do modelo.

Para activar fi ltro, preme a pestana e retira a
cuberta para acceder ó fi ltro (3.5.1, 3.5.3).
Separa o fi ltro da tapa (3.5.2, 3.5.4) e retira
os precintos (3.5.5).

Preme o visor BIOFILTER ata escoitar un
leve estalo (3.5.6) e, en poucos segundos, a
escala de duración empezarase a colorear.
Coloca o fi ltro na súa ubicación orixinal.

Mantén os fi ltros esgotados e os

recambios fóra do alcance dos nenos;
inxerilo en grandes cantidades pode ser
perigoso.

Non mólle-lo fi ltro, xa que perderá tódalas
súas propiedades.

3.6 S.P.A. salus per aquam (opcional)

O teu frigorífi co pode incorpora-lo
accesorio S.P.A. que serve para manter
un nivel constante de humidade no recinto
portaverdura e, así, evitar que se resequen
os alimentos.

Ubícase na xunta de separación do caixón
portaverduras (3.6.1). Está composto por
un depósito cun vaso vertedor e un nivel
indicativo de enchido. Cando o S.P.A.
necesite auga, o nivel baixará ata ocultarse.
Extrae o vaso (3.6.2) e úsao para enche-lo
depósito (3.6.3).

Recoméndase cambia-lo fi ltro cada 2 anos
(3.6.4).

g a l e g o

66

24 horas antes de introducir no conxelador
grande cantidade de comida.

Para activar e desactivar, pulsa
(2.5.1).

Conexión/desconexión do conxelador:
Pulsa as teclas , (2.5.2) ata que non

se visualice ningunha temperatura no display.
Ó apaga-lo conxelador, apagarase tamén o
recinto refrixerador.

2.6 Recomendacións de uso.

• Non ábra-las portas máis tempo do

necesario nin metas no frigorífi co
alimentos quentes. Así, conseguirás
un uso máis efi ciente do teu frigorífi co
e evitara-lo aumento do consumo de
enerxía.

• Se o teu frigorífi co é NO FROST, non

obstrúa-las reixas de ventilación e deixa
espazo entre os alimentos para que o aire
circule entre eles.

• Non introduzas no conxelador botellas

con bebidas gasosas ou botellas de
cristal que conteñan líquido, xa que poden
rebentar.

• Almacena os alimentos en recipientes

herméticos para evitar que os alimentos
se resequen.

• Non consumas xeados ou alimentos moi

fríos, xa que poden producir queimaduras
na boca.

Advertising
This manual is related to the following products: