Fagor FIM-6725 User Manual

Page 69

Advertising
background image

g a l e g o

67

4

Diagnósticos

4.1 Porta aberta. Se mante-la porta aberta

máis de 2 minutos, soará unha alarma e
apagarase a luz do refrixerador. A alarma
desconéctase ó pecha-la porta.

4.2 Frío insufi ciente no conxelador

• Se a temperatura do conxelador é

anormalmente alta, aparecerá unha alarma
luminosa (4.2.1) e activarase, á súa vez, un
sinal acústico intermitente. Pulsa

para desactiva-lo sinal acústico de forma
manual (4.2.2).

• Cando conécte-lo aparato por primeira

vez, a alarma luminosa estará activada,
pero non soará a alarma.

4.3 Corte de subministración eléctrica

Abre as portas do frigorífi co o menos posible.
Cando volva a corrente, comproba se os
alimentos almacenados se desconxelaron.

4.4 Ruídos normais no frigorífi co

O teu frigorífi co pode emitir unha serie
de ruídos que son normais durante o seu
funcionamento e polos que non te debes
preocupar.

• O gas refrixerante pode producir un

burbullo ó circular polos circuítos.

• O compresor pode producir zunidos e/ou

un lixeiro batedoiro, sobre todo cando se
pon en marcha.

• As dilatacións ou contraccións dos

materiais utilizados poden producir estalos
ou ruxidos.

• O aire que moven os ventiladores do

conxelador e da base do frigorífi co pode
xerar un pequeno ruído de fondo.

Non manipúle-lo frigorífi co para
intentar reparalo.
Contacta co servizo de
asistencia técnica.

5

Seguridade

• Mantén despexadas as reixas de ventilación.

• Ten coidado de non dana-lo circuíto de

refrixeración.

• Non utilices aparatos eléctricos no interior

do frigorífi co, a non ser que sexan do tipo
recomendado polo fabricante.

• Non uses dispositivos mecánicos ou outros

medios distintos dos recomendados polo
fabricante para acelera-lo proceso de
desconxelación.

• Este aparato non está destinado ó uso por

parte de persoas (incluídos nenos) cuxas
capacidades físicas, sensoriais ou mentais
estean reducidas ou carezan de experiencia ou
coñecemento, excepto baixo supervisión ou
despois de recibir instrucións relativas ó uso
do aparato dunha persoa responsable da súa
seguridade. Deberá supervisarse o seu uso
por parte dos nenos para evitar que xoguen co
aparato.

• Se o cable de alimentación está danado, debe

ser substituído polo fabricante ou polo seu
servizo postvenda ou persoal similar cualifi cado,
co fi n de evitar situacións perigosas.

6

Medio ambiente

Este frigorífi co foi deseñado pensando na
conservación do medio ambiente.

Este aparato funciona con refrixerante R600A que
non deteriora o medio ambiente.

Respecta o medio ambiente.Utiliza as
temperaturas recomendadas para cada recinto,
segundo a función que necesites, para conseguir
un uso efi ciente do teu frigorífi co.

Desconecta o refrixerador ou activa a función
de vacacións para períodos prolongados de
tempo no que non vaias a facer uso do aparato.
Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía.

Evita mante-las portas abertas durante máis
tempo do necesario, xa que supón un aumento
do custo enerxético.

Advertising
This manual is related to the following products: