Fagor 2V-32TS User Manual

Page 54

Advertising
background image

g a l e g o

52

5

Medio ambiente

4

Seguridade

A placa foi deseñada pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente.
Utiliza as
potencias adecuadas para cada cocción e
selecciona os recipientes de tamaño adecuado
ás cantidades de alimento que se vaian a
preparar. Cando o fondo do recipiente e o
diámetro da zona de cocción teñen o mesmo
tamaño, a transmisión de calor é óptima.
Ó termina-la cocción, se o desexas, deixa o
recipiente no mesmo lugar para utiliza-la calor
residual acumulada. Deste xeito, aforrarás
enerxía.
Utiliza unha tapa sempre que podas para reduci-
la perda de calor por evaporación.
Xestión de residuos de aparatos eléctricos e
electrónicos.
Non elimíne-los aparatos mesturándoos con
residuos domésticos xerais.
Entrega a túa placa nun centro especial de
recollida.
O reciclado de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde e o medio
ambiente y permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou co establecemento onde
adquiríche-la placa.

• O circuíto da rede que alimenta a placa, debe

ter un interruptor de corte omnipolar de, polo
menos, 3 mm de separación entre contactos.

• A instalación da placa débea efectuar un

instalador autorizado que seguirá as instrucións
e esquemas dos fabricantes.

• A instalación debe estar dimensionada

á potencia máxima indicada na placa de
características e a toma de corrente con toma
de terra regramentaria.

• Se o cable está danado, debe ser substituído

polo seu servizo postventa ou persoal
cualifi cado similar co fi n de evitar un perigo.

• O foco está equipado cun limitador de

temperatura interior que desconecta o foco en
caso de que a placa se quente excesivamente.

• Despois de cada utilización, desconecta o foco

mediante o seu control.

• Se a superfi cie do vidro se fende ou rompe,

desconecta de inmediato o aparato da rede
para evitar un posible choque eléctrico. Non
utilíce-la placa ata cambia-lo vidro (4.1.1).

• No caso de desbordamento sobre as teclas

de mando, a placa párase e emite un sinal
acústico (4.1.2).

• Se mantés pulsado algún sensor demasiado

tempo ou hai algún obxecto activando os
sensores, a placa párase e emite un sinal
acústico (4.1.3).

• Non coloques recipientes co fondo quente

sobre os sensores, pódeste queimar ó pulsalos
(4.1.3).

• Manter afastados ós nenos pequenos, as

superfi cies de quentamento pódense quentar
fortemente durante o seu funcionamento. Utiliza
o sistema de bloqueo para evitar que podan
xogar cos mandos.

• Este aparato non está destinado a ser utilizado

por persoas con capacidades reducidas.

• Permanece sempre nas inmediacións ó cociñar

pratos ou alimentos con graxa ou aceite. A
calor excesiva pode facer que se infl amen.

• Se a placa está instalada por riba dun caixón,

non se deberán gardar obxectos infl amables.

Advertising