Fagor 6H-54X User Manual

Page 93

Advertising
background image

91

g a l e g o

• Este aparello pode ser utilizado por nenos cunha idade de 8 anos

ou superior e persoas con discapacidades físicas, sensoriais
ou mentais reducidas ou falta de experiencia e coñecemento,
sempre baixo supervisión ou se se lles proporcionaron as
instrucións apropiadas respecto ao uso do aparello dunha
maneira segura e asegurándose que comprenderon os perigos
que implica. Os nenos non deben xogar co aparello.

• A limpeza e o mantemento que debe realizar o usuario non o

poden realizar nenos sen supervisión

• O teu aparello está destinado para un uso doméstico normal.

Non o utilices con fi ns comerciais ou industriais. Serve
exclusivamente para a cocción de produtos alimentarios.

• Non intentes modifi car as características do aparello. Podería

supoñer un perigo.

• Durante unha limpeza por pirólise, as superfi cies accesibles

quéntanse máis que durante un uso normal. Hai que afastar os
nenos.

• Antes de proceder á limpeza por pirólise, retira todos os

elementos de cocción e os desbordamentos importantes.

• Non coloques cargas pesadas sobre a porta do forno e

asegúrate de que non se monte nin se sente ningún neno

• Para calquera intervención de limpeza no oco do forno, este

debe estar apagado.

• Despois de utilizar o forno, asegúrate de que todos os mandos

estean en posición de parada.

• Non utilices o forno como despensa ou para gardar accesorios

despois da súa utilización.

• Non utilices aparellos de vapor ou alta presión para limpar o

aparello (esixencias relativas á seguridade eléctrica)

• O forno sempre debe funcionar coa porta pechada, en todos os

programas, incluída a grella.

Advertising